mércores, 21 de xuño de 2017

Dobrando papel

Esta semana estamos aprendendo a facer algunhas cousas dobrando papel. Empezamos con barcos que puxemos a navegar.


E seguimos con comecocos sobre animais e as súas características.


mércores, 7 de xuño de 2017

Marcapáxinas da Galiña azul

A volta do teatro collemos de novo os nosos libros de A galiña azul e escollemos o conto ou o personaxe que máis nos gustou para ilustrar un marcapáxinas que levar co libro.
Quedaron así de chulos!

















No teatro

Onte, no Auditorio de Rianxo, vimos a representación teatral de A galiña azul a cargo de Ubú Teatro. Estivo moi ben. Gustounos ver dramatizada a lectura que fixeramos na clase.




Aniversario de Hugo

Hugo fixo sete anos onte e celebrámolo, indo ao teatro pola mañá e cunha torta deliciosa pola tarde. Así que non nos quedou outra que cantarlle de mañá e de tarde. E turrarlle das orellas, quen o conseguiu, pola mañá ou pola tarde.
Aquí van as fotos da merenda, xusto antes de paparnos a torta 😛

PARABÉNS, HUGO!

 E graciñas pola torta de aniversario, estaba boísima!
Parabéns para ti...

nesta data querida...

Mmmmmm
 

domingo, 4 de xuño de 2017

A galiña azul

Seguimos lendo a obra de Carlos Casares e gozando moito cos seus personaxes e as súas historias.  Deixamos a máis coñecida para o final:
 A galiña azul 
Pero tiñamos un bo motivo, o martes que vén iremos ao Auditorio de Rianxo e veremos a adaptación teatral de A Galiña azul pola compañía Ubú Teatro. Que sorte temos!

xoves, 1 de xuño de 2017

Matemáticas e Escornabots

Hoxe na biblioteca usamos os escornabots para repasar o que sabemos sobre cartos e alimentos. Levamos aos escornabots de compras e axudáronnos a pagar o prezo de diferentes comidas. Probamos as novas mesas taboleiro da biblioteca. 

Gustounos moito!









Mochila Viaxeira para Laura

Por fin!!!
Tivo que agardar, pero ao final Laura levou a Mochila Viaxeira para casa.  🎉🎉🎉
Con ela remata o percorrido da Mochila de 1º. Tes dúas semanas, aproveitaa a tope, Laura.