luns, 26 de decembro de 2016

Cantando os aguinaldos

O último día do trimestre foi especial, saímos todo o colexio cantar os aguinaldos a Campo de Pazos, Buía, A Capela e Ourille. Fomos en bus a cada sitio e unha vez alí cantamos algún arrolo e os aguinaldos, todos recollidos no noso concello. Preparamos os cantos na clase de Música e levabamos as letras para quen se quixera unir a cantar. En todos os sitios viñeron escoitarnos, foi moi bonito!.

video


video

De volta no cole tomamos chocolate que prepararan Tino e algúns pais e nais acompañados de biscoitos e doces que trouxeran os de quinto e sexto. Tremenda colmilona! Todo riquísimo, comemos a fartar.










E antes de marchar despedímonos de Carmela, que á volta do Nadal xa só virá de visita, pero virá, algún día :-)
Grazas, Carmela!

Un libro para agasallar

Na entrada do colexio tivemos no mes de decembro unha exposición de libros e musica organizada pola Biblioteca Brea Segade, para que puideramos escoller os que máis nos gustaban e tamén pedir un libro como agasallo neste Nadal. Visitamos a exposición e cada quen de nós elixiu un libro de entre todos os expostos. Esas escollas pasámolas a uns robots que, xunto cos das outras clases, están expostos na entrada da biblioteca. Boas lecturas e boas historias para este Nadal... e para todo o ano.

Kenqueoké?

O último martes do trimestre debutamos coma contador@s nos recreos da BBS. Escollemos Kenqueoké?, unha historia de marcianos escrita por José Parrondo. Foi divertido, estabamos nerviosos/as pero gustounos e pasámolo ben. Entrade no blogue da biblioteca para ver reportaxe que publicaron.

martes, 20 de decembro de 2016

Personaxes máxicos de Nadal

Aquí tedes a presentación que estivemos utilizando ao longo do proxecto sobre os Personaxes máxicos do Nadal para que poidades compartila na casa e ensinar todo o que aprendemos. 

domingo, 18 de decembro de 2016

The snowman

E como estamos falando de maxia no Nadal, esta semana vimos na clase unha das historias de Nadal con máis máxia, un clásico da literatura infantil inglesa que paga a pena coñecer. Aquí o tedes, para poder velo tamén en familia no tempo de Nadal.

The Snowman de Raymond Briggs.



Aniversario de Laura

Esta semana celebramos na clase o aniversario de Laura, que foi a última do grupo en cumprir seis anos. trouxónos un biscoito de amenda boísimo que desapareceu de contado.

Parabéns, Laura!






Graciñas polo biscoito! Riquísimo!

Befana, Jolasveinair e Olentzero

Esta semana continuamos descubrindo tradicións de Nadal en  diferentes lugares do mundo: Italia, Islandia e País Vasco.

A Befana

Jolasveinair

Olentzero



A bruxa boa italiana.


















Os trolls enredantes islandeses.











 O carboeiro das montañas vascas.













sábado, 10 de decembro de 2016

Tió de Nadal e Ded Moroz

Esta semana foi curtiña pero a nós deunos para vistar Cataluña e Rusia e aprender quen son o Tió de Nadal e o Ded Moroz e que tradicións hai ao seu redor.


Ded Moroz
Tió de Nadal











Os nosos Tiós de Nadal

Andamos de viaxe polo mundo

Personaxes máxicos de Nadal

Estas dúas últimas semanas andamos envolt@s nun novo proxecto. Estamos traballando sobre diferentes personaxes máxicos que son típicos desta época do ano en diferentes lugares do mundo. Todos eles/as son máxicos e tod@s dán agasallos aos nenos e nenas no tempo de Nadal. 

Así empezamos a coñecelos, reconstruíndo as súas imaxes:
















O Tió de Nadal

A Befana

O Olentzero

O Apalpador




Os Jovelasnair

Os Reis Magos

  E despois aprendemos os seus nomes e relacionámolos coas imaxes: