mércores, 21 de xuño de 2017

Dobrando papel

Esta semana estamos aprendendo a facer algunhas cousas dobrando papel. Empezamos con barcos que puxemos a navegar.


E seguimos con comecocos sobre animais e as súas características.


mércores, 7 de xuño de 2017

Marcapáxinas da Galiña azul

A volta do teatro collemos de novo os nosos libros de A galiña azul e escollemos o conto ou o personaxe que máis nos gustou para ilustrar un marcapáxinas que levar co libro.
Quedaron así de chulos!

















No teatro

Onte, no Auditorio de Rianxo, vimos a representación teatral de A galiña azul a cargo de Ubú Teatro. Estivo moi ben. Gustounos ver dramatizada a lectura que fixeramos na clase.




Aniversario de Hugo

Hugo fixo sete anos onte e celebrámolo, indo ao teatro pola mañá e cunha torta deliciosa pola tarde. Así que non nos quedou outra que cantarlle de mañá e de tarde. E turrarlle das orellas, quen o conseguiu, pola mañá ou pola tarde.
Aquí van as fotos da merenda, xusto antes de paparnos a torta 😛

PARABÉNS, HUGO!

 E graciñas pola torta de aniversario, estaba boísima!
Parabéns para ti...

nesta data querida...

Mmmmmm
 

domingo, 4 de xuño de 2017

A galiña azul

Seguimos lendo a obra de Carlos Casares e gozando moito cos seus personaxes e as súas historias.  Deixamos a máis coñecida para o final:
 A galiña azul 
Pero tiñamos un bo motivo, o martes que vén iremos ao Auditorio de Rianxo e veremos a adaptación teatral de A Galiña azul pola compañía Ubú Teatro. Que sorte temos!

xoves, 1 de xuño de 2017

Matemáticas e Escornabots

Hoxe na biblioteca usamos os escornabots para repasar o que sabemos sobre cartos e alimentos. Levamos aos escornabots de compras e axudáronnos a pagar o prezo de diferentes comidas. Probamos as novas mesas taboleiro da biblioteca. 

Gustounos moito!









Mochila Viaxeira para Laura

Por fin!!!
Tivo que agardar, pero ao final Laura levou a Mochila Viaxeira para casa.  🎉🎉🎉
Con ela remata o percorrido da Mochila de 1º. Tes dúas semanas, aproveitaa a tope, Laura.


luns, 22 de maio de 2017

Lolo anda en bicicleta

Seguimos descubrindo a obra de Carlos Casares. Despois de Toribio coñecemos a Lolo, e tamén nos gustou, moito, e nos fixo falar de bicis e de...trasnadas. Está claro que sabemos moito das dúas cousas. :-)




Para ver canto sabedes sobre a historia de Lolo entrade neste novo paquete de actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares, desta vez sobre a súa obra.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/336




venres, 19 de maio de 2017

Concerto do XIV Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo

Mañá celébrase o XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo e que mellor xeito de facelo que cun concerto? Será un concerto especial, presentación dun disco que acaban de gravar, Unha noite de amor con Lela. Nós, que participamos no concurso de carteis para anunciar o aniversario, non podemos faltar, é unha ocasión estupenda para escoitar boa música, que tanto nos gusta. Xa sabedes, ás 9 e media da noite na Praza Castelao. Non faltedes!